Discover and read the best of Twitter Threads about #Kinocube

Most recents (14)

#Kinocube está de vacacións esta semana, mais non por iso deixamos de celebrar o #Orgullo

Queriamos centrarnos, por esta vez, na visibilidade bisexual no cinema. Atopámonos cun baleiro longo e unha manchea de problemas 😅

Explicámonos👇 (e si, tamén recomendacións de pelis!)
O baleiro é até máis ou menos 1960, cando chega a modernidade ao cinema, o amor libre, a revolución sexual... até ese momento, nós non atopamos exemplos de personaxes bisexuais no cinema.

Eh, non quere dicir que non haxa, senón que non os atopamos. Se sabedes dalgún, avisade!👇
A partir de 1960, chegan os ✨problemas✨. Para comezar, o estigma da bisexualidade de sempre: que bisexualidade e promiscuidade van da man. Nos anos 90 é especialmente chocante a cantidade de mulleres obxecto catalogadas como bisexuais no cinema 👇
Read 19 tweets
🔴Estamos de estrea!

📍 Hoxe ás 22.30 tes unha cita moi especial con #Kinocube. 😉

Se gostas do cinema, pásate polas nosas redes a descubrir o que queremos ofrecerche 🎬📽️

📢Difunde a nova!
Se non podes agardar e queres cousa chula sobre #cinema en galego, podes botarlle un ollo a estes artigos de #Kinocube.

Ademais, sonche unha boa pista do que podes agardar da sorpresa desta noite 😱

Dentro lista! 👇
#Kinocube22 - De cubas e bocois
Sobre o alcohol e o seu consumo na narrativa cinematográfica 🥂
bit.ly/3FWMtT4
Read 12 tweets
Cantas cousas hoxe! Para comezar, o #DíadaNai👩‍👧‍👦❤️

🎞️Imitation of life (John M. Stahl, 1934)

Un filme que reflexiona sobre a situación das persoas racializadas (mais cae no cliché da Mammy negra) e que ten como fío condutor a amizade entre dúas nais . Image
Tamén comezan #OsMaios. Tedes xa os maios na porta das vosas casas? 🌿💛

🎞️Le Joli Mai (Chris Marker, 1963)

Comeza a primavera e o documentalista Chris Marker sae á rúa para facer un retrato do París da súa época. Image
Read 4 tweets
"A fundación de Martin Scorsese lanza unha sala de cine virtual para filmes restaurados". Que boa nova! 😍

📽️O noso amigo Scorsese leva dende 1990 promovendo proxectos de restauración de filmes antigos dende a súa fundación, The Film Foundation.

[1/4]
A partir do 9 de maio, o froito destes proxectos, é dicir, os filmes restaurados, serán expostos para o seu acceso libre nunha sala de cinema virtual que abrirá o 9 de maio.

Apuntade a data! 🗓️📌

[2/4]
As películas serán accesibles durante 24 horas en liña e de maneira gratuíta, o segundo luns de cada mes. E contarán tamén con entrevistas e material extra sobre os respectivos proxectos de restauración. 🧐

[3/4]
Read 4 tweets
Achégase o #DíadoLibro... 📚🌹

🎬Que #películas baseadas en #libros vos gustaron máis?
Vouvos dar unhas poucas ideas, que vos parece? Abrimos fío de filmes baseados en libros (boas ideas para regalar neste #DíadoLibro 📚🌹!)

🎞️The Godfather + The Godfather: Part II + The Godfather: Part III (Francis Ford Coppola, 1972-1990)

📕 The Godfather (Mario Puzo, 1969) ImageImage
🎞️The Grapes of Wrath (John Ford, 1940)

📗 The Grapes of Wrath (John Steinbeck, 1939) ImageImage
Read 36 tweets
Mañá repasaremos as carreiras de tres cineastas do Hollywood Clásico. 📽️ Saberiades adiviñar de quen imos a falar?

👉Ímosvos dar unhas pistas en forma de fotogramas.🎞️ A que filme pertencen? Quen as dirixe? ImageImageImage
As respostas? Veña, vai:

🎞️1. The roaring twenties (Raoul Walsh, 1939) Image
🎞️2. His girl friday (Howard Hawks, 1940) Image
Read 5 tweets
📽️#Kinocube participará nos faladoiros dos #Oscars do Cinema Lobeira os vindeiro 23 e 30 de marzo!

Que vos parece se imos quentando motores repasando algúns dos filmes nominados nesta edición? 😉

Comezamos cos nominados a mellor filme! 👇 Image
🎞️Nightmare Alley (Guillermo del Toro, 2021)

Non é un remake do filme de Edmund Goulding, senón unha volta ao material orixinal cunha reinterpretación dos arquetipos do #filmnoir 🕵️

#NightmareAlley Image
🎞️Don't look up (Adam McKay, 2021)

Unha sátira afiada sobre a nova era da desinformación, tan cómica como desesperanzadora. ☄️

#DontLookUp Image
Read 11 tweets
De volta das vacacións e con ánimos renovados! 📽️🎬🎞️

Á espera dun novo episodio... cal diríades que é a cidade máis cinematográfica? Aquela máis representada no audiovisual, ou a máis idealizada?
Nota imporante: Pecamos de occidental-céntricos? Si, é certo. Existen máis industrias que a ianqui e a europea, sabémolo perfectamente.
Nós falamos, de principio, de aquelas industrias que teñen representación maioritaria en Gz, as que chegan a nós máis facilmente. Mais...
...para iso tamén tedes a opción "Outro". Se queredes compartir con nós os vosos coñecementos en cinematografías non occidentais, non-mainstream, estamos encantados de lervos!
Read 5 tweets
Sabíades que hai un ano que comezou #Kinocube? E que se cumpren xusto #25episodios para o próximo martes? 😱

E se imos quentando motores?

👉Imos dedicar uns chíos a aquelas #películas que aparecen unha e outra vez como exemplo na vosa bitácora de cinema de referencia! 📽️
📽️M (F. W. Murnau, 1931)

Saíu a colación cando falamos de #sombras, de como filmar a #ausencia... e seguramente saia algunha vez máis, porque esta primeira obra sonora do expresionista Murnau contén verdadeiras leccións de como facer cinema. Negra e durísima.

⭐️⭐️⭐️⭐️⭐️
TW❗️

Este filme fala de abuso, asasinato, violencia contra menores e outras cousas; iso si, nunca de maneira gráfica.
Read 6 tweets
Tiveches un #CinExin? 📽️ Cales foron os teus xogos audiovisuais na infancia? 🎞️ Cóntanos!

Hoxe pasamos por #Allariz e sorprendeunos moito atopar estes #xoguetes cinéfilos no #MuseodoXoguete! 🤩 ImageImageImage
👉En #Kinocube xa temos comentado nalgunha ocasión a relación tan estreita entre o cine e o xogo: bit.ly/3hEcgoU

Tanto que o cinematógrafo ten a súa orixe en "xoguetes" do século XIX como o zoótropo, o fenaquistiscopio... (estou escribindo os nomes de memoria😅) ImageImageImage
Quizabes a moitxs grandes cineastas da historia lles chegou a vocación a través destas pequenas xoias!

Que lle ides pedir este Nadal ao #Apalpador (ou a quen queirades)? Algo relacionado co Cinema? 😉 ImageImage
Read 3 tweets
#KinocubeCineastas5 "A Santísima Trinidade" do humor silente, esta semana en Kinocube: 📽️
Charlie Chaplin, Buster Keaton e Jacques Tati en "Sorrisos e silencios" bit.ly/30svQhY
E vós, sodes dos que opinades que a #comedia é un "xénero menor"...? 🧐
...que o #cinemamudo é aburrido? 😂
Read 5 tweets
É hora da #Recomendación da semana! Seguide o fío para descubrir un filme marabilloso 👇👇👇 Image
En #Kinocube encántanos o #western, pero non eses filmes predecibles que enfrontan a cowboys e indios, senón eses que nos mostran o mellor e o peor do ser humano. E o mestre John Ford non ten a exclusiva na materia...! Falemos de The Ox-Bow Incident (William A. Wellman, 1942) Image
Por que recomendamos The Ox-Bow Incident?

- Porque non fai falta alargarse 3h para facer un filme extraordinario. Este dura 75min!

- Polo ton desesperanzador que emerxe de cada plano; pola omnipresenza da soga como elemento ameazador, representando o ollo por ollo.
Read 10 tweets
En #Kinocube cremos que a #animación non lle ten nada que envexar ó #cinema de acción real. De cando en cando xorden obras mestras como as de @CartoonSaloon. Se non tivéchedes ocasión de velas, dádelles unha oportunidade. A animación 2D aínda ten moito que dicir! 👇👇
The Secret of Kells ( @tommmoore , 2007) é unha marabilla visual e narrativamente. O relato conta a historia do Libro de Kells enmarcado na cultura e na mitoloxía irlandesa.
A liberdade creativa que emana este estudo fai que cobren vida as miniaturas mediavais nun estilo único de animación en dúas dimensións.
Read 6 tweets
Para preparar o próximo episodio estivemos vendo Double Indemnity (1944) de Billy Wilder. #Cinema negro, negrísimo.
Imos tentar convencervos de que lle botedes un ollo. Aí van as nosas razóns:
👇 Image
- Porque Billy Wilder tamén lle dá con xeito ó thriller e ó drama.

- Pola atmósfera opresiva e escura ambientada na soleada California. ImageImageImageImage
- Porque se pode facer film noir sen gángsters e coa cousa máis aburrida (en principio) do mundo: as pólizas de seguros

- Polo xeito que ten Walter Neff de acender mistos
Read 8 tweets

Related hashtags

Did Thread Reader help you today?

Support us! We are indie developers!


This site is made by just two indie developers on a laptop doing marketing, support and development! Read more about the story.

Become a Premium Member ($3.00/month or $30.00/year) and get exclusive features!

Become Premium

Too expensive? Make a small donation by buying us coffee ($5) or help with server cost ($10)

Donate via Paypal Become our Patreon

Thank you for your support!